Concerto Nadal 2011

O vindeiro mércores 21 de decembro ás 20:30h, na Igrexa de San Antonio de la Florida (ao carón do CMUS Profesional de Vigo), os coros do Conservatorio Profesional de Vigo e o coro “Miñoca ma non toppo” ofrecerán o seu tradicional concerto de Nadal, ao cal estades convidados. O programa será o seguinte:

Coro Senior (CMUS Vigo)

  • Aleluia Brasileira (Ralph Manuel)
  • Once, in Bethlehem (Donald McCullough)

Coro Junior (CMUS Vigo)

  • Christmas time is here (arr. Ed Lojeski)
  • Coming home for Christmas (arr. Mac Huff)
  • All because Mr. Santa Claus (arr. Alan Billingsley)

Coro “Miñoca ma non Toppo”

  • O Little Town of Bethlehem (L. H. Redner)
  • En Belén tocan a fuego (arm. E. Cervera)
  • Puer Natus (Giuseppe Mignemi)
  • The Seal Lullaby (Eric Whitacre)

Pianistas acompañantes: Fran Bouza Rodríguez e Carmen Carreiras Pita
Director: Ángel A. Montes Abalde

A entrada será de balde pero pedímosvos a vosa colaboración levando alimentos típicos de Nadal para que a Igrexa os reparta, nestas datas, aos máis necesitados.