Concerto de Semana Santa 2012

O vindeiro mércores 21 de marzo ás 20:30h, na Igrexa de San Antonio de la Florida (ao carón do CMUS Profesional de Vigo), os coros do Conservatorio Profesional de Vigo e o coro “Miñoca ma non toppo” ofrecerán o seu tradicional concerto de Semana Santa, ao cal estades convidados. O programa será o seguinte:

Coro “Miñoca ma non Toppo”

  • Laudate nomen Domini (Christopher Tye)
  • If Ye love me (Thomas Tallis)
  • Ave verum corpus (William Byrd)

Coro Senior (CMUS Vigo)

  • Cançao de embalar (José Luciano Álvarez)
  • O meu neno está no berce (Mª del Camino Viana)
  • Tenebrae factae sunt (Michael Haydn)

Coro Junior (CMUS Vigo)

  • Waters of creation (arr. Austin C. Lovelace)
  • A Hymn of Unity (Howard Helvey)

Coro Senior + Junior (CMUS Vigo)

  • Adoramus Te (Emily Crocker)

Trompeta: Manuel Fernández Álvarez
Pianista acompañante: Fran Bouza Rodríguez
Director: Ángel A. Montes Abalde

A entrada será de balde.