Ángel A. Montes Abalde
Ángel A. Montes naceu en Matamá (Vigo). Comeza a súa carreira musical no seo da Agrupación Musical “Atlántida” de Matamá estudando Trombón. Posteriormente comeza os seus estudos musicais no Conservatorio de Música de Vigo onde consegue as titulacións de Trombón (no 2005) e de Composición (no 2007).
Como trombonista formou parte da Agrupación Musical “Atlántida” de Matamá (agrupación coa que segue a participar), Orquestra Clásica de Vigo, e o grupo de ska Dr. Cotomondongo y sus metales preciosos.
Realizou colaboracións discográficas con diferentes grupos como por exemplo Os Cempés, Diplomáticos de Montealto ou Siniestro Total.
Formou parte tamén do coro de cámara Camerata ad Libitum, co que consegue, entre outros galardóns, o Gran Premio Nacional de Canto Coral, o Grupo Vocal Santa Eulalia de Mos e do coro Mistura Vocal.
Como compositor compuxo música solística, música de cámara, obras para coro e para banda de música, gañando diversos concursos.
Foi director da Banda de Candeán entre 2004 e 2014 e da Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas) entre os anos 2015 e 2016.
Na actualidade é Profesor no departamento de Composición do Conservatorio Profesional de Música de Vigo e director do coro Miñoca ma non Toppo.